Un dos percorridos que realiza frei Bernardo na segunda parte da novela é o camiño do Ferradal. Sobre este traxecto hai unha exhaustiva e interesante información nesta páxina de Ramón Vila Anca.
http://ramonvilaanca.blogspot.com/2010/11/ruta-ponte-soldon-ferreria-de-rugando.html
Un blog que nos dá a coñecer moitos itinerarios e puntos de interese do concello de Quiroga acompañados de detalladas indicacións, planos e imaxes de gran calidade que convidan a un demorado paseo disfrutando da paisaxe.
Tamén nestoutro enlace Ruta do Camiño Ferradal ou da Caleira e Rutasquiroga.blogspot.com da que procede este mapa que aquí reproduzo. Ese é o camiño que segue o monxe cando regresa a Samos para render ao abade as contas dos ingresos acadados na ferreiría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario