Descubro na páxina do IES Monte das Moas unha impresionante galería de imaxes con numerosas rutas de sendeirismo por terras luguesas, entre elas varias que transcorren polo concello quirogués: Casadovello, Vieiros, Montefurado, Campodola...
E, en concreto, esta Ruta de Rugando á Seara: http://www.edu.xunta.es/centros/iesmontemoas/galeria/displayimage.php?album=401&pos=113
na que se inclúen estes mapas, que corresponden en parte ao traxecto que realiza o monxe frei Bernardo no capítulo 1 da II Parte da novela cando percorre o camiño desde Samos ata Rugando a través da serra, pasando pola Lucenza, o Pía Páxaro, a Seara, A Cruz de Outeiro e descendo seguindo o curso do río Selmo e do Soldón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario